Amancio Losada Vicente

[ arquitecto ]

  • CARGO: Arquitecto
  • EXPERIENCIA: 30 anos
  • EMAIL: info@areadearquitectura.com / amanciolosada@gmail.com
  • TELÉFONO: 981 84 99 10 / 628 691 906

Sobre Amancio Losada Vicente


Titulacións

Titulado como arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña e como Técnico Superior de Urbanismo pola EGAP da Xunta de Galicia, este profesional da arquitectura e o urbanismo conta cunha formación multidisciplinar pensada para afrontar o reto de abordar todo tipo de proxectos dende a súa formulación ata o desenrolo e finalización.

Recibiu o premio fin de carreira do COAG polo proxecto da biblioteca nacional galega.

En constante actualización, o seu compromiso coa profesión tradúcese nun coñecemento amplo de cada unha das ramas que compoñen a arquitectura.

O percorrido profesional de Amancio é longo, leva no mundo da arquitectura máis de 30 anos e durante o transcurso da súa carreira realizou traballos moi dispares para todo tipo de clientes.

Leva a cabo o traballo dende o seu propio estudo de arquitectura e conta con duas oficinas abertas ó público en Boiro e Rianxo.

Rodeado de profesionais da súa confianza que se involucran en cada un dos proxectos que realiza, desenvolve a sua actividade coidando dous aspectos fundamentais, a confianza e a  profesionalidade.

O seu compromiso centrase en prestar o mellor servizo ós seus clientes sen descoidar cada un dos aspectos técnicos de cada actuación que deseña.

A sua área de influencia concentrase principalmente na zona de Barbanza e Santiago de Compostela, sendo numerosos os proxectos realizados ó longo de ditas comarcas e arredores.

Percorrido Profesional

Algúns dos seus proxectos

Rehabilitación de Vivienda

Contacto

    A túa dirección de correo non será publicada. Os campos necesarios están sinalados con *