Proxectos de Interiorismo
- Home
- Proxectos de Interiorismo
[ o que ofrecemos ]
Axudarémosche a conseguir o resultado que soñaches
Proxectos de arquitectura interior con presentacións infográficas dos espazos interiores con distintos acabados.
No mundo da arquitectura hai moitos elementos a ter en conta. Non só se trata de levantar estruturas, senón tamén de crear espazos vivos, funcionais e acordes cos usos aos que están destinados.
En Área de Urbanismo sabemos a importancia que ten a arquitectura interior tanto no ámbito residencial como no comercial e/o público.
A nosa prioridade á hora de deseñar interiores é orixinar espazos harmoniosos, innovadores e funcionais. Cada proxecto é único e empeza coñecendo as expectativas do cliente, o seu estilo e o uso que quere darlle ao interior.
Realizamos as nosas propostas segundo as necesidades do cliente e dando a nosa propia perspectiva. As mellores propostas nacen do traballo conxunto de cliente e estudo.
O cliente pon a idea, nós a experiencia e o coñecemento para que o proxecto de interiorismo soñado se converta en realidade.
Coidamos os detalles porque eles son os que outorgan o selo de identidade a cada lugar.
Seleccionamos materiais e acabados, estudamos o espazo do que dispoñemos e ofrecemos propostas acordes coa imaxe que se quere transmitir.
Deixa os teus proxectos de arquitectura interior nas nosas mans.
40
entrevista co cliente
Tes un espazo e queres dotalo de vida. Fala con nos para dar forma a túa idea.
70
presentación de deseños
Presentámosche varias propostas harmoniosas e funcionais con diferentes acabados. Temos en conta a túa idea e achegamos as nosas para obter ó mellor resultado.
100
redacción do proxecto
Redactamos o proxecto que necesitas para iniciar a obra.