[O que ofrecemos ]

Todo Tipo de proxectos de urbanismo

Se necesitas levar a cabo proxectos de urbanismo, ponte en contacto co noso estudo. Redactamos todo tipo de documentos de plans urbanísticos e de desenvolvemento (plans especiais, plans parciais, proxectos de sectorización ou estudos de detalle)

O urbanismo é o conxunto de instrumentos técnicos e normativos  que se establecen co fin de ordenar de forma correcta o uso do chan.
Trátase de establecer que se pode facer en cada zona, planeando tendo en conta o presente e a tendencia para o futuro (onde queremos que se estableza a poboación, onde se situará o tecido industrial, onde deixaremos zonas verdes, cal será a configuración do mobiliario urbano (iluminarias, contedores, bancos, etc) ou por onde pasarán os servizos básicos (como o cableado de telecomunicacións, rede de sumidoiros e demais subministracións)
 
Os nosos servizos de urbanismo non só van dirixidos a organismos públicos, senón que tamén pode ser de interese para promotores e particulares (proxecto de urbanización, estudos de detalle, alegacións a plans urbanísticos) así como para outras entidades que se vexan afectadas por unha reordenación do territorio.
40

coñecemento da normativa

Estamos especializados en materia urbanística.

70

experiencia con administracións

Realizamos este tipo de traballos para unha ampla variedade de concellos e organísmos.

100

proxectos de urbanismo exitosos

Demos resposta a múltiples clientes ó longo destos anos.