[ o que ofrecemos ]

Dirección de obra e coordinación en materia de seguridade e saúde

Unha vez iniciada a obra, é obrigatorio que un técnico especializado na materia verifique que se están realizando os traballos tal como están proxectados.

En Área de arquitectura, proporcionamos tanto o servizo de dirección de obra como o de coordinación de seguridade e saúde en todo tipo de proxectos e obras, tanto propias como externas.

A Dirección de Obra está composta polo técnico ou técnicos que, designados polo Promotor, se encargan da dirección e control técnico da edificación en construción.

A Dirección de Obra está formada por:

Director de Obra. É a persoa que dirixe o desenvolvemento da obra para que esta se axuste ao estipulado no proxecto, licenza e demais documentos vinculantes.

 O Director da Execución da Obra. É a persoa que asume a función técnica de dirixir a execución da obra e de controlar a calidade do edificado e a porcentaxe do executado.

O Coordinador de Seguridade e Saúde. É a persoa que coordina as accións en materia de prevención e laboral.

 
33

director de obra

Arquitecto encargado de constatar que a obra se fai seguindo as instruccións do proxecto.

66

director executivo de obra

Arquitecto técnico encargado de verificar que a obra se realiza correctamente, en tempo, forma e seguindo as instruccións do proxecto e do director de obra.

100

coordinador en materia de seguridade

Técnico especializado en riscos laborais que se encarga de coordinar ós distintos profesionais que compoñen o persoal da obra.