Qué é e para qué serve o certificado de eficiencia enerxética

Dende 2013, o certificado de eficiencia enerxética é, salvo excepcións, obrigatorio nos casos de venda e arrendamento dun inmoble. É por iso que na actualidade é moi habitual coñecer este documento, que ten que ser elaborado por un profesional competente.

Dende a Área de Arquitectura trataremos de aclarar as principais cuestións relacionadas co certificado de eficiencia enerxética, e estamos dispoñibles nas nosas oficinas de Boiro para resolver todas as dúbidas e casos concretos.

Que é exactamente o certificado de eficiencia enerxética?

É un documento elaborado por un técnico competente que informa das características enerxéticas dun determinado inmoble. En definitiva, o certificado de eficiencia enerxética realiza un cálculo do consumo enerxético anual que necesita un inmoble en circunstancias normais e o cualifica nunha escala de 7 niveis que van de A a G segundo sexa máis ou menos eficiente.

Como funciona a escala?

A escala contén 7 letras que van de A a G. A etiqueta A significa que a casa é máis eficiente enerxéticamente e baixa a G, a menos eficiente. Teña en conta que unha etiqueta de edificio caduca aos 10 anos (salvo que o seu titular queira actualizar o certificado antes da data de caducidade).

Cando debo solicitalo?

Se se quere vender ou alugar un inmoble é obrigatorio dende 2013 que o propietario do inmoble estea en posesión do certificado de eficiencia enerxética. Cómpre sinalar que hai algúns casos nos que o certificado non sería obrigatorio, como edificios que están abertos ou talleres para traballos agrícolas. Recomendámosche que nos consultes se tes algunha dúbida sobre a necesidade do certificado nun caso concreto.

Quen pode facelo?

O certificado deberá ser elaborado por un profesional competente, como un aparellador ou un arquitecto, entre outros. Na Área de Arquitectura somos especialistas na elaboración de certificados de eficiencia enerxética.

O certificado de eficiencia enerxética converteuse nun elemento imprescindible nas operacións inmobiliarias, por iso na Área de Arquitectura agardámoste na Avenida da Constitución 24-E, Boiro para resolver todas as túas dúbidas e cotizar o teu certificado.