Os libros de Amancio Losada

Nesta sección poderás atopar unha serie de obras pertencentes ao autor Amancio Losada nas que combina a súa paixón polos paxaros, a fotografía e os contos de nenos.

Polos paxaros, porque «de neno os programas de Félix Rodríguez de la Fuente eran o caramelo agardando o final da semana». Pola fotografía, «porque a primeira vez que, con dez anos, chisquei o ollo no visor dunha cámara, quedei atrapado pola posibilidade de recortar unha parte da realidade para crear os meus propios universos compositivos». Polos nenos porque «sempre me gustou inventar historias para eles, historias que algúns aínda me recordan de maiores».

[products]