[ o que ofrecemos ]

Axudarémosche a conseguir o resultado que soñaches

Proxectos de arquitectura interior con presentacións infográficas dos espazos interiores con distintos acabados.

No mundo da arquitectura hai moitos elementos a ter en conta. Non só se trata de levantar estruturas, senón tamén de crear espazos vivos, funcionais e acordes cos usos aos que están destinados.
 
En Área de Urbanismo sabemos a importancia que ten a arquitectura interior tanto no ámbito residencial como no comercial e/o público.
 
A nosa prioridade á hora de deseñar interiores é orixinar espazos harmoniosos, innovadores e funcionais. Cada proxecto é único e empeza coñecendo as expectativas do cliente, o seu estilo e o uso que quere darlle ao interior.
 
Realizamos as nosas propostas segundo as necesidades do cliente e dando a nosa propia perspectiva. As mellores propostas nacen do traballo conxunto de cliente e estudo.
 
O cliente pon a idea, nós a experiencia e o coñecemento para que o proxecto de interiorismo soñado se converta  en realidade.
 
Coidamos os detalles porque eles son os que outorgan o selo de identidade a cada lugar.
 
Seleccionamos  materiais e acabados, estudamos o espazo do que dispoñemos e ofrecemos propostas acordes coa imaxe que se quere transmitir.
 
Deixa os teus proxectos de arquitectura interior nas nosas mans.
40

entrevista co cliente

Tes un espazo e queres dotalo de vida. Fala con nos para dar forma a túa idea.

70

presentación de deseños

Presentámosche varias propostas harmoniosas e funcionais con diferentes acabados. Temos en conta a túa idea e achegamos as nosas para obter ó mellor resultado.

100

redacción do proxecto

Redactamos o proxecto que necesitas para iniciar a obra.