[ sobre nós ]

As mellores solucións arquitectónicas

Área de Arquitectura, componse de varios técnicos cualificados e dotados da experiencia necesaria para abordar os retos e desafíos que nos poidas expor como cliente.
 
Somos un equipo especializado en todo tipo de proxectos de arquitectura, dirixido polo arquitecto Amancio Losada Vicente, que conta cunha traxectoria de máis de 32 anos en todo o relacionado coa arquitectura e a obra civil.
 
Podemos e damos solución técnica a todo tipo de formulacións urbanísticas e arquitectónicas, tanto a particulares como a empresas e organismos públicos.
 
Redacción de proxectos, certificacións técnicas e peritaxes son algúns dos servizos máis demandados no noso estudo.
[ estratéxia]

A nosa filosofía

Realizar proxectos de todo tipo, funcionais e innovadores que satisfagan aos nosos clientes e nos sitúen como referente no sector.

O noso obxectivo

Deseño e solidez é sinónimo de garantía. Realizamos cada traballo con visión de futuro, achegando propostas ben definidas e estruturadas.

A nosa visión

Profesionalidade, seriedade e creatividade son valores básicos do noso estudo. As nosas propostas están realizadas desde o coñecemento da profesión e as necesidades do cliente.

Os nosos valores
[+ ]
proxectos realizados
[+ ]
anos de experiencia
[+ ]
técnicos ó teu servizo
[ ]
oficinas
[como traballamos ]

Do bosquexo ao proxecto

¿Qué facemos?

O noso campo de traballo é moi amplo. Realizamos proxectos de arquitectura, interiorismo, urbanismo, direccións de obra, informes, valoracións e peritaxes, certificacións enerxéticas e todo tipo de documentos relacionados co mundo urbanístico.

¿Para quen o facemos?

Os nosos clientes son moi variados (concellos, promotores, particulares, construtores, empresas, etc)

Traballamos tanto no ámbito público como no privado.

¿Cómo o facemos?

Comezamos cada proxecto profundando nas necesidades do cliente e nos condicionantes que se derivan da parcela e da normativa de aplicación.

É importante coñecer as expectativas da persoa que acode a nós, as condicións do terreo na que quere proxectar e a normativa urbanística que lle afecta.

¿Por qué elexirnos?

O noso obxectivo final é dar unha resposta adecuada aos proxectos que nos propoñen os nosos clientes, buscando e suxerindo as formulacións que nos parecen máis apropiadas.

Queremos que leves a cabo o teu proxecto connosco e que o fagas sabendo que contas con profesionais dispostos a guiarche e asesorarche durante todo o proceso.

image2-aboutus