Axudas para a rehabilitación de vivendas e edificios situados no Camiño

A Xunta de Galicia convocou en abril axudas para rehabilitar vivendas situadas no Camiño de Santiago, o que abarcará 498 parroquias e 107 concellos. O orzamento para esta partida é de 2,7 millóns de euros e as axudas poderanse presentar ata o esgotamento desta cantidade  ou ata o 30 de novembro deste ano.

A contía que se subvenciona pode ser de ata o 35% do custo total da actuación, e chegar aos 11 000 euros, o  importe máximo.

Esta axuda, encadrada no marco da  ARI dos Camiños de Santiago,  adicada concretamente á subvención de rehabilitaciós de edificios e vivendas, está destinada tanto a persoas físicas coma a comunidades de propietarios.

A información completa pódese consultar neste enlace e totalidade dos municipios  e parroquias beneficiarias desta axuda pódese ver aquí

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *