Convocatoria de axudas para rehabilitación e adaptación de Edificios Protexidos
As axudas representarán un 60% do orzamento aprobado
A convocatoria diríxese ás comunidades de propietarios/as e realizaránse en réxime de Concorrencia Competitiva
As subvencións están destinadas á rehabilitación e adaptación dos Edificios de Vivendas protexidas promovidos tanto polo Instituto Galego da Vivenda e Solo como os transferidos polo Estado á nosa Comunidade
A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo convoca axudas en réxime de concorrencia competitiva ás comunidades de propietarios/as para realizar actuacións de rehabilitación e adaptación en Edificios Protexidos. A intención, destas partidas é clara, segundo o propio Instituto Galego do Solo: “apoiar os esforzos que están a levar a cabo as comunidades de propietarios/as destas vivendas para acometer as obras necesarias para a adecuación aos requisitos de funcionalidade, seguridade e habitabilidade destes edificios.” Read more →