Quen somos?

Somos un equipo especializado en todo tipo de proxectos de arquitectura, dirixido polo arquitecto Amancio Losada Vicente, que conta cunha ampla traxectoria en todo o relacionado coa  arquitectura e a obra civil con máis de 25 anos traballando de forma continuada como profesional no exercicio libre da profesión, e que pon toda a súa experiencia ó servizo de Área de Asistencia Técnica SL.

Arquitecto

Amancio Losada Vicente está titulado como arquitecto superior pola ETSA de A Coruña dende o ano 1990. Premio do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia polo seu proxecto de fin de carreira coa súa proposta de Biblioteca Nacional na horta de San Martiño Pinario en Santiago de Compostela. Ten o título de “Técnico Superior de Urbanismo” pola EGAP da Xunta de Galicia. Arquitecto con ampla experiencia en todo lo relacionado coa arquitectura e obra civil con máis de 25 anos traballando de forma continuada como profesional no exercicio libre da profesión. Realiza traballos para gran variedade de clientes, tanto públicos como privados: concellos e outras entidades públicas, promotores, constructores, particulares…

Conta con colaboradores habituais como aparelladores, enxeñeiros técnicos, enxeñeiros de telecomunicacións, topógrafos…

A nosa forma de traballo

Comezamos cada proxecto profundizando nas necesidades do cliente e nos condicionantes que se derivan da parcela e da normativa de aplicación. O noso obxectivo  é dar a resposta máis axeitada ós proxectos que se nos propoñen, tanto no eido público como no privado xa que os nosos clientes son tanto concellos e outras entidades públicas coma particulares: promotores, constructores…

Por iso, o noso campo de traballo é moi amplo e realizamos proxectos de arquitectura, interiorismo, urbanismo, direccións de obra, informes, valoracións e peritaxes, certificacións de eficiencia enerxética…

© Copyright - Area de Arquitectura. Todos los derechos reservados | Diseñado por: Foga