Casa pasiva: na procura dun consumo enerxético case nulo

Aínda que pode parecer novo, o concepto de ‘ casa pasiva ’ xorde xa nos anos 80 en Alemaña. Con todo, é precisamente agora cando se atopa de plena actualidade. A preocupación crecente polo medio ambiente e tamén polo aforro atopan nas chamadas casas pasivas a solución perfecta. E é que desde o mesmo proceso de deseño da vivenda procúranse conseguir ambientes sans e agradables cun consumo enerxético case nulo. Desde Área de Arquitectura descubrímosche en que consisten estas vivendas.

As vivendas que seguen os criterios pasivos buscan un consumo enerxético moi baixo durante todo o ano, aproveitando as condicións climáticas do lugar no que se constrúe a vivenda. Ou o que é o mesmo, non se seguirán os mesmos parámetros para construír unha casa pasiva en Galicia que en Costa Rica, se non que se adaptará o deseño ó clima da zona.

O que si se consegue nestas construcións, sexa cal sexa a súa localización, é unha temperatura agradable durante todo o ano, que se xera pola forma de construción da vivenda, diminuíndo en gran medida o uso de calefacción e aire acondicionado.

¿Pero cómo se consigue unha casa pasiva?

En primeiro lugar tendo en conta os principios do deseño  bioclimático é dicir, valorando a zona, a orientación, a cantidade de radiación solar, as sombras… E por suposto, apostando por materiais de calidade, buscando un alto nivel de illamento térmico, utilizando sistemas de  aire estanco…  Uno dos elementos máis importantes dunha casa pasiva son os seus sistemas de ventilación continua, que renovan constantemente o aire, o que fai que o ambiente interior sexa máis san e confortable.

Se queres descubrir máis sobre a posibilidade de deseñar unha vivenda con estas características non dubides en poñerte en contacto connosco e concertar unha cita nas oficinas de Área de Arquitectura, en Boiro. Estaremos encantados de resolver todas as túas dúbidas!

 

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *