Vantaxes e inconvenientes do chan radiante

O chan radiante é unha das alternativas dispoñibles para manter quente un fogar. Consiste simplemente nunha rede de tubaxes baixo o pavimento sobre as que pasa auga quente a unha temperatura de entre 30 e 45 graos, o que provoca que o chan irradie calor e quente as estancias baixo as que se atopa.

Trátase dun sistema que cada vez adoptan máis fogares polas súas múltiples vantaxes, como poden ser a comodidade ou o aforro. Desde Área de Arquitectura queremos resumir neste post as principais vantaxes e algúns dos posibles inconvenientes deste sistema de calefacción para que poidas coñecelo mellor e valorar se se adapta ás túas necesidades.

Read more

Casa pasiva: na procura dun consumo enerxético case nulo

Aínda que pode parecer novo, o concepto de ‘ casa pasiva ’ xorde xa nos anos 80 en Alemaña. Con todo, é precisamente agora cando se atopa de plena actualidade. A preocupación crecente polo medio ambiente e tamén polo aforro atopan nas chamadas casas pasivas a solución perfecta. E é que desde o mesmo proceso de deseño da vivenda procúranse conseguir ambientes sans e agradables cun consumo enerxético case nulo. Desde Área de Arquitectura descubrímosche en que consisten estas vivendas. Read more

Que é e para que serve o certificado de eficiencia enerxética

Desde o ano 2013 o certificado de eficiencia enerxética é, salvo escasas excepcións, obrigatorio nos supostos de venda e arrendamento dun inmoble. É por iso polo que, na actualidade é moi frecuente oír falar deste documento, que ten que ser elaborado por un profesional competente. Desde Área de Arquitectura tentaremos aclarar as principais cuestións relativas ao certificado de eficiencia enerxética, e estamos dispoñibles nas nosas oficinas de Boiro para resolver todas as dúbidas e casos concretos.

Read more

Convocatoria de axudas para rehabilitación e adaptación de Edificios Protexidos

As axudas representarán un 60% do orzamento aprobado

A convocatoria  diríxese ás comunidades de propietarios/as e realizaránse en réxime de Concorrencia Competitiva

As subvencións están destinadas á rehabilitación e adaptación dos Edificios de Vivendas protexidas promovidos tanto polo Instituto Galego da Vivenda e Solo como os transferidos polo Estado á nosa Comunidade

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo convoca axudas en réxime de concorrencia competitiva ás comunidades de propietarios/as para realizar actuacións de rehabilitación e adaptación en Edificios Protexidos.  A intención, destas partidas é clara, segundo o propio Instituto Galego do Solo: “apoiar os esforzos que están a levar a cabo as comunidades de propietarios/as destas vivendas para acometer as obras necesarias para a adecuación aos requisitos de funcionalidade, seguridade e habitabilidade destes edificios.” Read more

Onde estás as pontes dos billetes de euro?

Buscaches algunha vez as pontes dos billetes de euro por algunha parte? Hoxe, comentámosche onde podes atopalos.

Se pensas que os pontes dos famosos billetes de euro pódense buscar en diferentes lugares de Europa e que son representados debido ao seu valor histórico, sentimos decepcionarte porque aínda que existen e teñen valor arquitectónico, non contan apenas con historia… ou sí. Mellor cho contamos!

A finales do século pasado, na década dos 90, houbo un concurso no que se presentaron propostas de deseño para os billetes de euro. Un dos requisitos é que non se podía representar a ningunha nación europea en particular para favorecer a igualdade entre paises e culturas. Robert Kalima foi o gañador do concurso no que se presentaron casi medio centear de propostas. Read more

Axudas para a rehabilitación de vivendas e edificios situados no Camiño

A Xunta de Galicia convocou en abril axudas para rehabilitar vivendas situadas no Camiño de Santiago, o que abarcará 498 parroquias e 107 concellos. O orzamento para esta partida é de 2,7 millóns de euros e as axudas poderanse presentar ata o esgotamento desta cantidade  ou ata o 30 de novembro deste ano. Read more

A Xunta destinará máis de 1 millón de euros a subvencionar obras de rehabiliación de edificios de vivendas protexidos

 

O prazo para presentar solicitudes será ata o 11 de xullo.

Poderán ser beneficiarios desta axuda as comunidades de propietarios de edificios de vivendas protexidas promovidos polo Instituto Galego da Vivenda e o Solo (IGVS), así como dos transmitidos polo Estado á comunidade de Galicia.

A Xunta adicará 469.125,19 euros no ano 2016 e  800.000 euros no ano 2017. As axudas irán destinadas tanto á reparación, coma a rehabilitación ou mesmo  a adaptación dos edificios, que deben contar con máis de 10 anos de antigüidade e reunir as condicións de seguridade estrutural (se non cumpren esta última característica poderase solicitar a axuda sempre e cando acometan ó mesmo tempo as obras para acadar estas condicións de seguridade).

A contía da subvención dependerá de cada caso, pero poderá chegar ó 60% do orzamento da obra e a un máximo de 4000 euros por vivenda.

Área estrea nova web!

Benvidos e benvidas a esta nova páxina web que estreamos e esperamos vos poida ser útil para achegarvos a nós e coñecer a nosa forma de traballar